A Comunidade de Montes de Salcidos organiza unha nova edición da Festa Cultural e Gastronómica do Monte Torroso, que se celebrará no Parque Monte Torroso os días sábado 4 e domingo 5 de outubro. O evento combina tradición, música popular, actividades culturais e gastronomía, consolidándose como unha das citas máis destacadas no calendario festivo da vila.
Programa do sábado 4 de outubro
- Desde as 10:00 h: Concurso de escultura en pedra.
- Durante a xornada: actuacións do Grupo de Gaitas Entre o Mar e o Río e do Grupo Airiños de San Miguel.
- 18:00 h: entrega de premios do concurso de escultura.
- 20:00 h: concerto do Grupo de Rock Cazacus.
- Durante todo o día: postos de comida e bebida a prezos populares.
Programa do domingo 5 de outubro
- 10:00 h: Demostración de talla en madeira con motoserra a cargo de dous dos mellores profesionais nacionais (categorías masculina e feminina).
- Música tradicional co Grupo de Gaitas Entre o Mar e o Río.
- 12:00 h: inauguración do monumento ao Monte Torroso.
- Animación a cargo do Trío Luetto.
- 20:00 h: concerto do Grupo Folk Deixandar.
- Durante toda a xornada: porco ao espeto, postos gastronómicos, carpa cuberta e inchables para nenos e nenas.
