Proxectos

Proxectos

Tala selectiva de árbores
Estase levando a cabo unha corta de pinos selectiva, talanse arbores velhas, enfermas e secas, asi como tamen nos enclaves mercados a particulares eliminanse os eucaliptos e acacias. Séguese mercando enclaves para facer unha franxa de seguridad arrededor do monte, e o mesmo tempo eliminar as especies invasoras como eucalipto ou acacia.
Pista de baixada á Xunqueira
Seguimos a pelexa pa conseguir o arranxo da pista de baixada a Xunqueira de Salcidos, e acceso o Camping Santa Tecla, pois e sabido que Costas do Estado negou o permiso, alegando que o colector de aguas residuais que vai a depuradora esta ilegal, xa que non pode pasar por zoa de dominio maritimo terrestre, obra realizada por Augas de Galicia, organismo da Xunta de Galicia.
Proxectos activos e actividades culturales
Seguiremos mellorando o parque do monte Torroso, priorizando especies autóctonas e a charca de anfibios donde xa crían diversas especies como ras, sapos, pintegas e tritóns. Tamén seguiremos desenvolvendo diversas ideas e actividades de índole Cultural, como xa se levan feito ata o momento, e que se levaran a cabo durante o vindeiro ano 2026 e posteriores.








