QUEN SOMOS


Aínda que as Comunidades de Montes Veciñais existen dende tempos inmemoriais, a Comunidade de Montes de Salcidos, despois da fin da ditadura, un grupo de veciños decidiu, con data do 7 de marzo de 1982, dirixir un escrito ao Goberno Civil e ao Xurado de Montes, solicitando os aproveitamentos e a clasificación como Montes Veciñais en Man Común dos montes «Torroso», «Illa Canosa» e «A Xunqueira», cunha superficie de 199,94 Ha. Estes foron concedidos con data do 21 de abril de 1983, e con posterioridade tamén foi clasificado o «Monte Fonte Bieita».
A Comunidade de Montes de Salcidos, dentro das súas posibilidades, trata de facer do monte unha ferramenta para sacar os máximos recursos, investindo todos os seus beneficios en limpezas de cortafuegos, pistas, realización de eventos culturais, mantemento do Parque e zonas arqueolóxicas, e casa social, etc.
Nestes momentos estase á espera de iniciar unha escavación arqueolóxica no Castro do «Pico da Bandeira» con fondos propios da Comunidade, así como seguir coa adquisición de enclaves lindeiros co Monte. Tampouco renunciamos ao Proxecto de pavimentado da Pista de Baixada á «A Xunqueira», a pesar das trabas de Costas, e para un mellor acceso ao Cámping Santa Trega, propiedade desta Comunidade.
